Condenan a 4 anos de prisión a 'Alfon'


Condenan a 4 anos de prisión a 'Alfon'

A Audiencia provincial de Madrid condenou a catro anos de privación de liberdade ao de Vallecas acusado de portar un artefacto explosivo na folga de 2012. 

Alfonso Fernández Ortega, 'Alfon', foi condenado esta quinta feira (8 de febreiro) pola Audiencia Provincial de Madrid a 4 anos de prisión por un delito de tenza de explosivos. 

'Alfon' foi acusado de portar un artefacto durante a folga do 14-N de 2012, unha acusación que sempre negou. Durante o xuízo Fernández Ortega denunciou que a policía o ameazou con imputarlle a tenza de explosivos se non identificaba a integrantes de Bukaneros. 

A condena de 4 anos de prisión, que é recorríbel perante o Supremo, súmase a outra anterior que lle fora imposta por un delito de "resistencia á autoridade".