Condenas de até 13 anos para os mozos de Altsasu

Condenas de até 13 anos para os mozos de Altsasu
Familiares e amigos dos acusados á porta da AN no inicio do xuízo.
Familiares e amigos dos acusados á porta da AN no inicio do xuízo.  

A Audiencia Nacional áchaos culpábeis de delitos de “atentado”, e de “lesións, desordes públicas e ameazas” mais non de “terrorismo”. Condena a 2 dos 8 mozos a 13 anos de cárcere; a outros 2 imponlle 12 anos de prisión; 9 anos para outros tres e, por último, 2 anos para o úlimo mozo. 


A Audiencia Nacional española condena os 8 mozos de Altsasu xulgados por una lea nun bar con dous garda civís e as súas compañeiras, a penas que abranguen desde os 2 até os 13 anos de prisión. Considéraos responsábeis de delitos de atentado”, “lesións”, “desordes públicas” ou “ameazas” mais desbota as acusacións de “delitos terroristas”. Entende a sala que non ficou acreditada a “finalidade terrorista” da acción e tampouco o vencello destes 8 mozos acusados con “organizacións terroristas”. A sala, iso si, aplica as agravantes de “abuso de superioridade e de odio e porque  “se cometeron por motivos ideolóxicos e de animadversión á Garda Civil”.

O tribunal impón as penas máximas polos delitos de “lesións, desordes públicas e ameazas”. 13 anos de cárcere para Oihan Arnanaz e Iñaki Abad. Jokin Unamuno e Adur Ramírez son condenados a 12 anos. Joan Ander Cob, Julen Goikoetxea e Aratz Urrizola a 9 anos de cárcere e Ainara Urkijo, dous.

Aliás, impón indemnizacións de 9.200 euros por lesións ao tenente da Garda Civil, ao sarxento deben pagarlle 3.750 euros e ás súas compañeiras, 6.100 euros a cada unha. A maiores, a Audiencia Nacional fixa 45.000 euros para a noiva do tenente e 25.000 para o do sarxento por “secuelas e danos morais”.