Convocan esta segunda feira na Coruña unha concentración contra o golpe de estado en Venezuela

Convocan esta segunda feira na Coruña unha concentración contra o golpe de estado en Venezuela
Imaxe da concentración de Compostela [Foto: @iriamendezgz]
Imaxe da concentración de Compostela [Foto: @iriamendezgz]  

Será ás 20 horas perante a subdelegación do Goberno (Avenida da Mariña, nº 23).


Após as concentracións de Vigo e Compostela, é a quenda da Coruña esta segunda feira na xeira de mobilizacións que se están a convocar no país en repudio do golpe de estado en curso en Venezuela.

A convocatoria da Coruña vaise producir xusto o mesmo día en que o estado español se acaba de aliñar con Washington ao recoñecer como presidente Juan Guaidó.

Na Galiza teñen condenado o golpe de estado o nacionalismo e as opcións progresistas situadas á esquerda do PSOE.