Dacota do Sur (EUA) recoñece o síux como lingua oficial

Dacota do Sur (EUA) recoñece o síux como lingua oficial

Este estado do medio-oeste norteamericano aprobou a oficialidade para o idioma O’Ceti Sakowian, unha medida que entrará en vigor o 1 vindeiro de xullo.


O'ceti Sakowin (síux) é oficial en Dacota do Sur, un estado do Medio-Oeste norteamericano que recibe o su nome das tribos ameriindias lakota e Dakota (Síux). O siux ou O'ceti Sakowin é unha lingua formada Lakota, Dakota e Nakota e vai ser a partir do 1 de xullo unha lingua indíxena oficial de Dacota do Sur. O número de falantes anda por volta das 30.000 persoas.

A gobernadora Kristi Noem asinou o proxecto de lei que recoñece O'ceti Sakowin como lingua oficial deste estado, que se une así a Hawai e Alaska como estados de Estados Unidos con linguas indíxenas ou nativas como oficiais. 

Representantes de comunidades nativas orixinarias manifestaron, algúns na súa lingua , que o recoñecemento de Dacota reforzaría a súa cultura e patrimonio. Nakima Mills, da tribo Oglala Sioux, dixo na Comisión de Asuntos Estatais do Senado que os seus bisavós foran castigados por falabren na súa lingua. Como resultado, explicou, os seus avós e pais non aprenderon a lingua e ela propia apenas tiña coñecemento da mesma. Mais o seu fillo pode agora aprender a lingua no ensino. "Pasaron máis de 100 anos, catro xeracións, para que o meu fillo puidese ter a lingua Lakota como parte da súa vida", dixo Mills.

De por parte, o senador Troy Heinert, un dos impulsores do proxecto de lei, dixo durante a sesión que este foi un dos proxectos de lei máis importantes que introduciu como lexislador. 



x