GOLPE DE ESTADO

Presentan en Arxentina dúas denuncias de delitos de lesa humanidade en Bolivia

Presentan en Arxentina dúas denuncias de delitos de lesa humanidade en Bolivia
A autoproclamada presidenta interina de Bolivia, Jeanine Áñez, con membros da OEA [Europa Press]
A autoproclamada presidenta interina de Bolivia, Jeanine Áñez, con membros da OEA [Europa Press]  

O deputado boliviano Víctor Alonzo e o presidente do Consello Nacional de Política Indíxena de Arxentina, Daniel Segovia, presentaron esta sexta feira, 22 de novembro, as demandas e posteriormente ofreceron unha conferencia de prensa desde a casa das Nais da Praza de Maio.


O deputado boliviano Víctor Alonzo e o presidente do Consello Nacional de Política Indíxena de Arxentina, Daniel Segovia, presentaron esta sexta feira, 22 de novembro, dúas denuncias nos tribunais de Comodoro Py por delitos de lesa humanidade en Bolivia.

Ambos os dous subliñaron que un dos obxectivos destas demandas é poñer o foco na desaparición das persoas opostas ao golpe de Estado e das que se descoñece na actualidade o seu paradeiro. Fixérono nunha conferencia de prensa organizada na casa das Nais da Praza de Maio.

Alonzo, deputado pola cidade de Cochabamba e que se viu na obriga de abandonar o país tras o golpe, sinalou que «hoxe estamos aquí para denunciar o que non podemos facer de xeito libre en Bolivia».

Pola súa banda, Segovia apuntou que «a partir de agora existen dúas demandas específicas do pobo arxentino e boliviano por crimes de lesa humanidade».

«Goberno asasino»

Tamén interviu a presidenta das Nais, Hebe de Bonafini, que fixo un «chamamento aos homes e mulleres do mundo para alzar a súa voz porque o que está pasando é demasiado grave e hai moito silencio».

«As Nais denunciamos que a Organización dos Estados Americanos e as Nacións Unidas non están para axudar os pobos senón os Gobernos», subliñou Bonafini tras salientar que «hoxe en Bolivia hai un Goberno represor, asasino, torturador e non é legal que chame a eleccións». «É unha ditadura e por iso non teñen nin ética nin moral para chamar a eleccións», reflexionou.