OS VOTOS DE VOX, CRUCIAIS EN MURCIA

A dereita si que se pon de acordo nunha investidura

A dereita si que se pon de acordo nunha investidura
López Miras, con Casado
López Miras, con Casado  
O día despois do fracaso da esquerda española no segundo asalto á investidura de Sánchez, os tres compoñentes da dereita española pactaron sen problemas a designación de Fernando López Miras (PP) como presidente de Murcia. É o seu segundo mandato.

Os votos de Vox eran imprescindíbeis para tornar López Miras presidente de Murcia. PP (16) e Cs (6) reunían 22 escanos, a 1 da maioría absoluta. Chegaron a un acordo para cogobernaren, mais necesitaban os votos da ultradereita para a investidura. Sen problemas, tivéronos e agora Vox anuncia que pasa á oposición.

O PP racha tamén así o principio feixoniano de que debe gobernar a forza máis votada, que desta volta foi o PSOE (17 escanos). A esquerda non tiña opción de goberno, dado que non sumaba nin de lonxe maioría (Podemos ficou só con dous asentos na cámara).

No seu discurso, López Miras fixo constantes chiscadelas ás bancadas de Vox, en asuntos como a vioencia machista ou o ensino.