Seis detidos por unha violación múltiple en Bilbo a unha rapaza de 18 anos

Seis detidos por unha violación múltiple en Bilbo a unha rapaza de 18 anos
Parque Etxeberria.
Foto: Zarateman
Parque Etxeberria. Foto: Zarateman  

As persoas arrestadas teñen entre 18 e 35 anos. A agresión sexual produciuse nun parque da cidade vasca.


Seis persoas foron detidas nas últimas horas en Bilbo após unha denuncia de violación presentada por unha rapaza de 18 anos. A violación tivo lugar no Parque Etxebarria da cidade vasca. As persoas detidas teñen entre 18 e 36 anos de idade.

A agresión tería ocurrido por volta das once da noite desta quinta feira. Sobre as catro da madrugada, axentes da policía vasca detiñan os presuntos autrores da violación no mercado de La Ribera, outro punto da cidade.

A vítima, de 18 anos, chegou ferida ao Hospital de Basurto, onde foi atendida e examinada por un médico forense. Foi no propio centro onde se deu aviso á Ertzaintza. Na súa declaración, a vítima achegou unha completa descrición dalgúns dos agresores, así como datos (tatuaxes) que facilitaron a identificación destes.

Os grupos con representación municipal no Concello de Compostela expresaron a súa “profunda indignación pola agresión machista” e chamaron a dar resposta ao que cualifican de "atentado á integridade fisica e moral”.