Die Linke gaña as eleccións no estado alemán de Turinxia

Die Linke gaña as eleccións no estado alemán de Turinxia
Bodo Ramelow
Bodo Ramelow  

As proxeccións outórganlle 30% dos votos a esta formación de esquerdas, ficando en segundo lugar a extrema dereita AfD, con 23%.


Turinxia é un dos 16 landers ou estados federados alemáns. Ten perto de 2.200.000 habitantes e fixo parte da RDA. Esta fin de semana tivo eleccións e a esquerda de Die Linke resultou vitoriosa, cunha vantaxe considerábel sobre o partido de extrema dereita Alternativa para Alemaña (AfD), que fixou en segundo lugar. Estas son as primeiras proxeccións de resultados.

O Die Linke do actual xefe de Estado, Bodo Ramelow, tería 30%, segundo as proxeccións feitas pola televisión ZDF, o que supón 2 puntos máis que hai cinco anos. Daquela a CDU foi o partido máis votado mais non foi quen de formar goberno.

AfD obtivo este domingo 23%, a pesar de estar representado en Turinxia por un dos políticos máis dereitistas da formación, Björn Höcke . O partido duplicou o número de deputados que tiña en Turinxia. Os cristiáns demócratas de Angela Merkel (CDU) quedarían no terceiro lugar, segundo ZDF, con 22,2%, e os socialdemócratas (SPD), - que fan parte da coalición do goberno de Merkel- obterían 8,3%, catro puntos menos que nos anteriores comicios. Os Verdes, que ata agora formaban parte da coalición de goberno, atinxirían 5% necesario para entrar no parlamento rexional. O mesmo ocorre cos liberais do FDP.

Con estes resultados, a coalición que gobernou Turinxia ata agora - Die Linke, SPD e Verdes - deixará de servir. A CDU e Die Linke terían a maioría suficiente para gobernar, pero ambas as partes xa desbotaron esa posibilidade.