Ascende a dez o número de mortos no atentado xunto á embaixada española en Kabul 


Ascende a dez o número de mortos no atentado xunto á embaixada española en Kabul 

[ACTUALIZADA] O ataque foi reivindicado polos talibáns. 


Dez persoas resultaron mortas, entre elas dous policías españois, nun ataque suicida lanzado polos talibáns contra un hotel xunto á embaixada española en Kabul (Afganistán). Segundo o goberno afgán, o ataque con coche-bomba comezou o mediodía desta sexta feira contra o hospedaxe, ao que lle seguiu un asalto e un intercambio de disparos coas forzas de seguridade locais. 

Inicialmente o Ministerio de Asuntos Exteriores español informara de que o atentado fora contra a legación diplomática, pero nas seguintes horas se confirmou que o obxectivo era o hotel que linda coa embaixada. Malia a confusión inicial, o presidente do goberno español, Mariano Rajoy, asegurou despois que “todos, calquera país occidental, pode ser obxecto dun ataque terrorista, pero esta vez non foi así”. 

Dous dos autores do ataque foron abatidos e un terceiro apresado, segundo o vice-ministro de Interior afgán, Mohammad Ayub Salangui, en declaracións recollidas polas axencias.