“A AUTODETERMINACIÓN NON É DELITO”

Ducias de miles de persoas desbordan a Gran Vía de Barcelona contra o xuízo ao 'procés'

Ducias de miles de persoas desbordan a Gran Vía de Barcelona contra o xuízo ao 'procés'

O soberanismo volve mostrar o seu poder de convocatoria nunha mulitudinaria mobilización para rexeitar o xuízo aos líderes independentistas cataláns e defender o dereito de Catalunya a decidir libremente o seu futuro.


Ducias de miles de persoas volveron saír a rúa en Barcelona convocadas polo soberanismo. Desta volta para denunciar o xuízo iniciado esta semana no Tribunal Supremo contra líderes independentistas e para defender o dereito á autodeterminación. Aos convocantes habituais das manifestacións independentistas (Òmnium, ANC, ERC, CUP, Junts per Catalunya...) sumouse nesta ocasión Catalunya en Comú. A marcha enmárcase nun calendario de mobilizacións que ten unha cita importante o vindeiro día 21, coa greve xeral convocada en Catalunya.

A Garda Urbana cifrou en 200.000 as persoas que se manifestaron e a organización, en 500.000


Xa antes das 17:00 horas fixada para o inicio da manifestación, a Gran Vía barcelonesa era un fervedoiro de miles de persoas procedentes de diferentes comarcas de Catalunya. Nun ambiente festivo e reivindicativo, a multitude ía enchendo o tramo dunha mobilización na que foi constante a demanda da liberdade para os presos políticos e as críticas ao sistema xudicial español.


“Demandamos ao goberno español que escoite o pobo catalán, non se pode gobernar contra Catalunya”, dixo o presidente catalán, Quim Torra, antes do inicio da marcha. “A autodeterminación é un dereito, non un permiso”, concluíu. A cantidade de xente que asistíu á marcha provocou que tres cuartos de hora despois de comezar, a manifestación ficara parada en Gran Vía e Casanova onde os manifestantes xa non podían continuar a avanzar até a Praza da Universitat, onde remataba. A Garda Urbana cifrou a asistencia en máis de 200.000 persoas, unha cifra que a organización elevou a 500.000.

DzinqbbXQAAU12H
Na Praza Universitat, Marcel Mauri, de Òmnium Cultural, fixo un apelo aos “demócratas españois” para que “apoien os dereitos fundamentais”. “Apoiar a autodeterminación de Catalunya é apoiar a democracia en España”, afirmou, para despois solicitar a Pedro Sánchez “que non sexa cómplice da fiscalía de Vox”.

De por parte, Elisenda Paluzie, presidenta da  ANC pideu "non normalizar a represión política" e aproveitou para facer un chamamento a secundar a folga xeral do vindeiro 21 de febreiro. "É un orgullo o que fixemos xuntos: un refrendo contra o Estado". No acto final tamén interveu Ivette, dos CDR, que denunciou que o xuízo "dá alas ao fascismo de Vox e a un Estado que nunca fixo a transición". 



x