Ecuador: Alianza País destitúe Lenin Moreno como presidente

Ecuador: Alianza País destitúe Lenin Moreno como presidente
lenin Moreno e Rafael Correa, nunha foto de arquivo
lenin Moreno e Rafael Correa, nunha foto de arquivo  

O novo líder do movemento cualifica o presidente ecuatoriana como “inimigo da revolución cidadá”.


Alianza País (AP), movemento que goberna Ecuador, destituíu Lenin Moreno como o seu presidente, unha decisión que mostra a división interna que se vive no seo da formación. AP nomeou o ex-responsábel de Exteriores, Ricardo Patiño, como novo presidente. Patiño está aliñado co anterior mandatario, Rafael Correa.

Patiño sinalou que Lenin Moreno non mantivo coherencia política. “A decisión que se tomou foi unánime, de absolutamente todos os asistentes”. Desde AP fíxose un convite a Correa para tomar parte no proceso de reestruturación do partido.