NUN NOVO REFERENDO SOBRE O BREXIT

Edimburgo quer que unha saída da UE debe ser aceptada polas catro nacións do Reino Unido

Edimburgo quer que unha saída da UE debe ser aceptada polas catro nacións do Reino Unido
Simpatizantes do SNP con caretas co rostro de Nicola Sturgeon.
Simpatizantes do SNP con caretas co rostro de Nicola Sturgeon.  

O SNP, no goberno escocés, procura unha modificación da lexislación para introducir un “bloqueo das catro nacións”.


Nicola Sturgeon, primeira ministra escocesa, considera que Londres debe convocar un novo referendo sobre o ‘Brexit’. E o seu partido, o SNP, procura unha modificación da lexislación para introducir un “bloqueo das catro nacións”, en expresión da líder independentista escocesa: isto é, que o Reino Unido só poida  abandonar a UE se Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte están todas de acordo con esa decisión, segundo informa Nationalia.

No referendo de 2016 a maioría en Inglaterra e Gales foi a favor do ‘Brexit’ mais en Escocia e Irlanda do Norte houbo maiorías claras a prol de permanecer na UE.

“O único xeito de asegurar esta garantía democrática [respectar o voto maioritario dos escoceses e escocesas naquel referendo], evidentemente, é que Escocia sexa un país independente”, dixo Sturgeon. Por iso a idea dunha segunda consulta sobre o Brexit deslígaa a primeira ministra da proposta na que traballa: demandar poderes ao goberno do Reino Unido para convocar un segundo referendo de independencia. Sturgeon comprometeuse a informar no parlamento escocés nas vindeiras semanas sobre os seus plans para esta votación.