EH Bildu vaise abster "aínda que temos sobrados motivos para votar non"

EH Bildu vaise abster "aínda que temos sobrados motivos para votar non"
EH
EH  
ERC gardou celosamente o segredo sobre o sentido do seu voto esta terza feira. EH Bildu, non. A formación soberanista vasca si avanzou en que dirección, a da abstención, irá o seu sufraxio. E iso "aínda que temos sobrados motivos para votar non", afirmou Mertxe Aizpurua, a portavoz da esquerda abertzale.

Aizpurua demandou na súa intervención que o Estado español permita a realización dunha consulta en Euskadi, tamén en Catalunya, sobre o futuro destas nacións, ao tempo que decretou o esgotamento da fórmula estatutaria. "Levamos 40 anos de incumprimentos [do Estatuto de Gernika] por parte de gobernos do PP e do PSOE", dixo a independentista vasca, quen lembrou que aínda faltan por transferir a Euskadi e Nafarroa 36 e 25 competencias, respectivamente.

Sánchez negou a demanda da consulta e retrucou que segundo inquéritos oficiais máis do 80% da sociedade vasca está a favor do Estatuto de Gernika, carta de dereitos políticos que o candidato socialista ve como un denominador común entre nacionalistas e constitucionalistas. 

"Non apoiamos a reforma [do Estatuto de Gernika] que vostedes defenden, porque só se dirixe aos nacionalistas e céntrase fundamentalmente na cuestión da identidade", dixo.