Eleccións xerais o 14 de abril, nova opción sobre a mesa de Pedro Sánchez

Eleccións xerais o 14 de abril, nova opción sobre a mesa de Pedro Sánchez
Pedro Sánchez con Quim Torra nas escalinatas da Moncloa.
Pedro Sánchez con Quim Torra nas escalinatas da Moncloa.  

É unha hipótese mais que verosímil: aparece nun teletipo da axencia pública Efe que cita fontes do executivo.


Esta fin de semana, o diario El País publicaba unha información que apuntaba a que Sánchez repescaba o escenario dun superdomingo electoral, 26 de maio, a coincidir coas eleccións municipais e ao Parlamento europeo. O problema para o líder socialista estaba situado nas resistencias dos baróns do seu partido, que non se queren ver contaminados por un debate estatal. De acordo cun teletipo da axencia Efe publicado esta segunda feira, a saída que agora baralla a Moncloa é adiantar a cita coas urnas ao 14 de abril, día, alén de máis, de indubidábel simbolismo político.

Anticipar as eleccións é a resposta de Sánchez a un moi verosímil rexeitamento dos orzamentos, acontecimento que se agarda para o debate desta semana no Congreso, sendo que as contas contan non só con emendas á totalidade da dereita (PP e Cs), mais tamén do bloque soberanista (PDeCAT e ERC).

Para habilitar ese calendario, Sánchez tería que disolver as Cortes practicamente xa, en concreto antes da terza feira 19 de febreiro.



x