A esquerda palestiniana agrúpase nunha coalición

A esquerda palestiniana agrúpase nunha coalición

Cinco partidos (entre eles FPLP e FDLP) agrúpanse na Asemblea Democrática Palestiniana, que configura un novo protagonista político à marxe da polarización entre Al Fatah e Hamás.


Cinco formacións da esquerda palestiniana agrupáronse na Asemblea Democrática Palestiniana, unha coalición que nace para configurar un novo actor na política nos territorios ocupados, polarizada entre Al Fatah e Hamás. As marxistas-leninistas Fronte Popular para a liberación de Palestina (FPLP) e Fronte Democrática para a liberación de Palestina (FDLP), O Partido do Pobo Palestiniano (fundado en 1982 como Partido Comunista Palestiniano) e as socialistas Unión Democrática Palestiniana e Iniciativa Nacional Palestiniana de M. Barghouti.

Jaled Al Jatib, un dos dirixentes da UDP, salientou a importancia deste paso e explicou que o programa da nova coalición aséntase na defensa da “liberación nacional e social” como vía para conseguir a “independencia” e construír “a xustiza social” nun estado palestiniano soberano con capital en Xerusalén este.

A Asemblea comprometeuse a unha defensa dos dereitos e liberdades civís fronte ás violacións dos mesmos tamén polos gobernos de Fatah (Cisxordania) e Hamás (Gaza). Al Jatib apostou na “reconciliación” entre as diferentes faccións do movemento palestiniano e “rachar” coa polarización que existe na política palestiniana entre Hamas e Al Fatah desde o 2007.

Antecedentes

É a primeira vez desde 1964, fundación da OLP, que a esquerda palestiniana dá un paso deste calado. Mais si que hai antecedentes de cooperación e colaboración entre as forzas de esquerda. Así, en outubro de 2016 cinco formacións uníranse nunha candidatura conxunta ás eleccións municipais. As cinco formacións que hoxe agrúpanse na coalición da Asemblea Democrática.