Estado de emerxencia nun Exipto militarizado


Estado de emerxencia nun Exipto militarizado

Máis de 500 [email protected] durante unha operación policial que pretendía desaloxar @s seguid[email protected] de Morsi [email protected] en dúas importantes prazas do país. O goberno golpista instaura o Estado de emerxencia e o toque de queda entrementres, asegura que as autoridades actuaron "coa máxima contención"

As fontes oficiais cifran en máis de 500 as persoas asasinadas mais a Irmandade Musulmá eleva a cifra a milleiros. As prazas de Rabea al Adauiya e de Al Nahda --situadas no Cairo-- convertéronse nunha masacre a pasada terza feira. 

A Irmandade Musulmá cifra en máis de 4.000 @[email protected] mentres o Goberno golpista fala de 421

[email protected] do ex-presidente Morsi acampaban desde había días para exixiren a súa posta en liberdade após ser detido polo exército tras o golpe de estado militar do pasado 3 de xullo. O goberno golpista ordenou esta terza feira que @s manifestantes foran [email protected] e autorizou ás forzas policiais a proceder á evacuación das prazas nunha brutal operación. Horas despois centos de manifestantes eran [email protected] froito dunha escalada de violencia que asolagou todo o país. 

O Exército toma o mando
Desde o Consello de Ministros golpista responsabilizan á Irmandade Musulmá dos actos violentos e vítimas que se teñen producido ao longo destes días e exixen á organización do derrocado presidente que deixe de "instigar" e "pór en perigo a seguridade nacional". Porén, o certo é que o exército está a recuperar boa parte do poder político perdido. Neste senso, 19 dos 25 gobernadores nomeados polo executivo golpista son mandos militares. 

Mandos militares fanse coa maioría dos gobernos provinciais mentres o Nobel da Paz abandona o goberno

Os militares reforzan o seu protagonismo no poder político mentres algunhas das figuras do novo réxime van facéndose a un lado.

O premio Nobel da Paz abandona o Goberno

Así é o caso de Mohamed el Baradei, premio Nobel da paz que ocupou o posto de vice-presidente desde o golpe de Estado. Baradei presentou a súa demisión esta cuarta feira asegurando que deixaba as súas responsabilidades ao non partillar algunhas das decisións adoptadas polo Goberno.

"Chegou a ser difícil para min", asegurou Baradei "continuar á fronte da responsabilidade de tomar decisións coas que non estou de acordo e das que temo as súas consecuencias", sentenciou. 

Al-Baradei: "Chegou a ser difícil tomar decisións coas que non estou de acordo e das que temo as consencuencias"

Coa saída do premio Nobel, o exército perden as dúas principais figuras que lexitimaron o golpe de Estado. Cumpre lembrar que o partido salafista Al Nur --que inicialmente apoiou a sublevación-- denunciou a violencia exercida polo goberno golpista e abandonou as negociacións para constituíren un novo executivo. 

O exército exipcio parapétase nunha forte violencia e represión contra o movemento islámico nunha realidade política e social que leva de novo o país aos tempos da ditadura Mubarak.

Obama di que revisará a relación militar con Exipto

O principal aliado militar do exército golpista podería deixar de apoiar economicamente as forzas militares exipcias. Após os asasinatos producidos nos últimos días no país e da proclamación do Estado de emerxencia por parte do Goberno golpista, o presidente dos EUA, Barack Obama, asegurou que a administración estadounidense "condena os pasos adoptados" aos que tildou de "deplorábeis". 

O goberno dos EUA financia anualmente o exército exipcio cunha contía superior ao millón de dólares

Asemade, o mandatario estadounidense considerou que a "colaboración con Exipto" --a cuxo exército outorga máis dun millón de dólares anual-- "non pode ficar igual" e instou ás autoridades gobernamentais e militares a respectaren os dereitos humanos. 

As declaracións de Obama --que se producen no decorrer das súas vacacións estivais-- supoñen un lene xiro na estratexia norteamericana. O goberno dos EUA nunca considerou un golpe de estado o acontecido o 3 de xullo no Exipto precisamente para manter a axuda económica a un dos seus principais aliados na rexión.