Euskobarómetro: suben PNV e EH Bildu, baixan Podemos e PP, e Cs e Vox non terían representación

Euskobarómetro: suben PNV e EH Bildu, baixan Podemos e PP, e Cs e Vox non terían representación
Parlamento vasco
Parlamento vasco  

De se realizar agora as eleccións vascas, PNV volvería gañalas, obtendo 30 das 75 cadeiras do Parlamento, dúas máis das que ten agora. EH Bildu manteríase como segunda forza (19 escanos, 1 máis) e PSOE lograría 14 parlamentares fronte aos 9 actuais.


O PNV volvería gañas as eleccións vascas de se realizar estas agora, obtendo 30 deputados e deputadas, dúas máis das que ten na actualidade. Podería así formar goberno ben con EH Bildu, que serían segundos, con 19 escanos -un máis que agora- ou PSOE, que lograría 14 polos 9 que ten. Os prexudicados nuns eventuais comicios serían Podemos, que caería de 11 a 6, e PP que pasaría de 9 a 6, segundo os dados do Euskobarómetro.

O estudio, que elabora o departamento de Ciencia Política da Universidade de País Vasco, fíxose en base a 1.200 entrevistas realizadas entre o 28 de maio e 19 de xuño. 80% das persoas entrevistadas dixo que tiña moi clara a súa intención de voto.

O PSOE pasaría ser a terceira forza en Euskadi, posto que actualmente ocupa Podemos. Tería 18% dos apoios nas urnas fronte ao 22,8% de EH Bildu e 39,4% do PNV. Podemos atinxiría 9,6% e PP, 7,4%.

Esta sondaxe indica que Ciudadanos lograría só 1% da porcentaxe de voto e Vox 0,5%, polo que ningunha destas formacións sería quen de entrar no Parlamento vasco.