Falece o ex-presidente peruano Alan García tras dispararse para evitar a súa detención

Falece o ex-presidente peruano Alan García tras dispararse para evitar a súa detención
Alan García
Alan García  

Quen fora presidente do Perú, Alan García, faleceu logo de dispararse na cabeza cando ía ser detido pola policía en relación ao caso de corrupción Odebrecht.


Confírmase o falecemento do ex-presidente peruano, Alan García, hospitalizado tras dispararse na cabeza cando ía ser detido en relación ao caso Odebrecht. A fiscalía peruana ordenou esta cuarta feira a súa detención, despois de que un ex-funcionario da construtora brasileira Odebrecht afirmara que o ex-presidente peruano tería recibido un pago por 100.000 dólares a través dun contrato simulado.

O ex-presidente sufriu tres paros respiratorios mentres estaba sendo intervido quirurxicamente despois do disparo.

Alan García Pérez naceu en 1949 e foi avogado e político peruano. Presidiu o país de 1985 a 1990 e de 2006 a 2011 pola formación política Alianza Popular Revolucionaria Americana.