Falece “el Gallego” Fernández, histórico dirixente cubano

Falece “el Gallego” Fernández, histórico dirixente cubano
El Gallego Fernández
El Gallego Fernández  

José Ramón Fernández, máis coñecido como “El Gallego” Fernández, finou o pasado domingo 6 de xaneiro aos 95 anos de idade na Habana (Cuba). Fillo de asturianos, foi un militar chave da revolución cubana e man dereita de Fidel e Raúl Castro.

 


Foi xeneral de División da reserva, peza fundamental na batalla pola recuperación de Praia Xirón en 1961, viceministro primeiro e ministro de Educación, vicepresidente do Consello de Ministros e presidente do Comité Olímpico Cubano. No 2001 concedéuselle o título honorífico de Heroe da República de Cuba. Recibiu tamén a medalla de ouro do Principado de Asturias e o título de fillo predilecto de Oviedo.

As súas cinzas serán expostas entre as 9:00 e as 12:00 da mañá da vindeira terza feira 8 de xaneiro no Panteón dos Veteranos da Necrópole de Colón. Posteriormente serán trasladadas ao Mausoleo do II Fronte Oriental Frank País.