A Fiscalía quer procesar por organización criminal a cúpula de TV3 e Catalunya Radio polo 1 de outubro

A Fiscalía quer procesar por organización criminal a cúpula de TV3 e Catalunya Radio polo 1 de outubro

O Ministerio Público quere engadir este crime a malversación, prevaricación, revelación de segredos e desobediencia, polos cales se procesa unha trintena de persoas.


O Ministerio Fiscal quer procesar por organización criminal a cúpula da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais (CCMA) e os cargos institucionais investigados polo xulgado de instrución nº13 de Barcelona, ​​segundo adiantou a propia televisión pública catalá.

O fiscal enviou un escrito ao titular dese xulgado para que procese por ese delito o secretario xeral de difusión da Generalitat, Antoni Molons; os responsábeis do Diplocat; a presidenta da CCMA, Núria Llorach; o director de TV3, Vicent Sanchis e o de Catalunya Ràdio, Saül Gordillo, entre outros.

Segundo o escrito, ao que tivo acceso TV3, o código penal e a xurisprudencia suprema describen a organización criminal como un grupo de persoas con xerarquía e unhas funcións determinadas. Esta definición, segundo a Fiscalía Pública, aparece na tramitación xudicial do xulgado nº 13.

Deste xeito, o Ministerio Público quere engadir este crime a malversación, prevaricación, revelación de segredos e desobediencia, polos cales se procesa unha trintena de persoas neste xulgado barcelonés.