FMI celebra o Nadal cun xantar austero: 380.000 euros en ostras, caviar e bebida 'como para unha voda'

FMI celebra o Nadal cun xantar austero: 380.000 euros en ostras, caviar e bebida 'como para unha voda'
caviar e champán
caviar e champán  sg
Catro páxinas de menú. O xantar de Nadal ofrecido polo FMI en Washington tivo de todo menos austeridade, esa regla que o Fondo pregoa e impón para estados e países: Caviar, ostras, bebida a discreción e cociña típica de cinco países conformaron parte da mantenta da festa que reuniu aos e ás funcionarias deste organismo, alén de [email protected] de prestixio

O Fondo Monetario Internacional (FMI) celebrou, e cómo, o seu tradicional xantar de Nadal. Un acto que se desenvolveu na súa sé, en Washington, e no que participaron pola volta de 7.000 [email protected] e [email protected] En plena crise, e co FMI a dar leccións e ordes de austeridade e contención, este organismo gastou 380.000 euros na devandita festa. O menú ocupaba catro páxinas e no mesmo incluíase desde ostras e caviar a salmón afumado e cociña tradicional tailandesa/vietanamita, mediterránea, mexicana e do Oriente Medio. Todo iso en dous dos andares que o FMI posúe na capital de EEUU.

Aliás, houbo bebida a discrección, con cóktails de todo tipo e redundantes nomes como Cumprimentos do Paradiso. E as sobremesas foron das máis variadas, de fina pastelaria francesa, bolos e frutas exóticas.

O xornal Washington Post foi o que desvolou custo e interioridades da festa, incidindo en que a mesma prolongouse desde a tardiña ate horas ben altas de noite.

A conta, que a paguen @s [email protected]

Nó neste ano, e cos xuros que ten que pagar Grecia, o FMI conta con ingresar perto 900 millóns de dólares. Cartos obtidos a base dun programa duro de axustes e recortes que condenan á miseria a millóns de persoas.