O FMI declara Grecia “en mora” por non pagar 1.600 millóns

O FMI declara Grecia “en mora” por non pagar 1.600 millóns

Atenas pediu un aprazamento do pagamento que vencía ás 00:00 horas.


“Confirmo que o pagamento de 1.600 millóns de euros adebedados por Grecia ao FMI non se produciu. (...) Grecia está agora en mora e só pode recibir fondos unha vez que os atrasos sexa cumpridos. Tamén podo confirmar que o FMI recibiu unha solicitude das autoridades gregas para unha extensión das obrigas de pago debidas hoxe, que irá ao directorio executivo ao seu tempo”. Con esta declaración de Gerry Rice, portavoz do Fondo Monetario Internacional, o FMI informaba de que declaraba en mora Grecia e de que Atenas solicitara un aprazamento do pagamento.

Horas antes, o vice-primeiro ministro grego, Yanis Dragasakis, afirmou que o goberno pedira ao FMI un aprazamento e dixo que aconsellara a Alexis Tsipras aceptase a proposta dos acredores.

O Eurogrupo descartou na xuntanza extraordinaria da terza feira outra ampliación dor escate a Grecia, ante a imposibilidade de levar a cabo tramites necesarios antes de que expire o actual programa. O organismo volve reunirse nesta cuarta feira.