Forn nega que se declarase a independencia

Forn nega que se declarase a independencia
Joaquim Forn
Joaquim Forn  

A preguntas do seu avogado, Xavier Melero, o ex conseller Joaquim Forn sinalou na xornada de tarde do día do xuízo ao procés que ten lugar no Tribunal Supremo que non houbo resolución ningunha nin acto administrativo que despregase a República.


A terceira xornada do xuízo ao procés concluíu pasadas as 18 horas e retomarase o 19 de febreiro, día en que se prevé o interrogartorio ao ex consell de Exteriores da Generalitat Raül Romeva. Antes de dar por concluída a sesión, interveu o ex conseller Joaquim Forn, quen, en resposta ás preguntas do seu avogado, Xavier Melero, restou transcendencia á declaración da proclamación da república catalá do 27 de setembro de 2017.

Forn advertiu de que a declaración, lida pola presidenta do Parlament, Carme Focardell, non se votou, senón que se votaron as dúas propostas de resolución. De feito, sinalou que o texto non se publicou en boletín oficial ningún. Tampouco se lle comunicou, dixo, ás chancelarías, nin ao Estado, nin Carles Puigdemont interveu na tribuna.

Por outra parte, o ex responsábel da carteira de interior salientou que “nunca falei co major Trapero nin con ningún comisario de política nin lles dei instrución política ningunha”. Forn reiterou en varias ocasións ao longo do interrogatorio que o seu “compromiso político” era a defensa do referendo e asegura que cumpriu rigorosamente os mandatos xudiciais e os da Fiscalía. “O meu compromiso político sempre foi de apoio ao referendo, e facelo posíbel, mais diferenciábao moito das miñas actividades e competencias como conseller. Desde o punto de vista competencial, deixaba nas mans dos Mossos o cumprimento das instrucións e dos autos”, apuntou.

En resposta ás preguntas da Fiscalía en relación ás advertencias persoais que o Tribunal Constitucional remitira aos membros do Goberno sobre a celebración do referendo. O ex conseller afirmou que todos crían “o referendo estaba avalado por varios principios legais”, xa que en 2005 se despenalizara.

A sesión desta quinta feira comezou coa declaración de Oriol Junqueras, vicepresident da Generalitat, quen insistiu en que nada do que fixeron foi delito.



x