“Galiza non ten rei”: concentración contra a presenza de Filipe VI na UDC

“Galiza non ten rei”: concentración contra a presenza de Filipe VI na UDC
Filipe VI
Filipe VI  

A plataforma Vía Galega convoca unha concentración de rexeitamento á presenza do monarca español na Reitoría da universidade coruñesa co gallo do inicio do curso académico.


Felipe VI estará o vindeiro 30 de setembro na Coruña para participar no acto institucional na Universidade coruñesa de inicio do ano académico. A plataforma Vía Galega convoca unha concentración para ese día, chamando a participar na mesma “para rexeitar a sua presencia na Galiza, como representante dunha institución anacrónica que nega os nosos dereitos como pobo”.

via galega filipe viGaliza non ten rei, avante a República Galega’ é o lema desta movilización, que decorrerá ás 11:30 do vindeiro 30 de setembro diante da reitoría da UDC, na Rúa Maestranza.

Por volta de 50 entidades do ámbito do soberanismo -asociacións culturais, fundacións, sindicais, agrarias, ambientalistas, da memoria histórica...- constituíron en marzo de 2018 a plataforma Vía Galega, un foro de encontro do tecido social do país en chave nacional. O denominador común de todas estas agrupacións é a consideración de Galiza como nación e a defensa do seu dereito á libre determinación.