Un garda civil declara que Torra estivo nunha das naves que foron rexistradas antes do 1-O

Un garda civil declara que Torra estivo nunha das naves que foron rexistradas antes do 1-O
Un momento do xuízo
Un momento do xuízo  

Os efectivos da Garda Civil procuraban material electoral nunha nave industrial obxecto de rexistro en Bigues i Riells. Un membro do instituto militar declarou esta cuarta feira na sala do Penal do Supremo, no xuízo ao procés, que, durante as tarefas de vixilancia previas, viron entrar e saír das instalacións fabrís Quim Torra, quen meses despois se convertería en president da Generalitat.


Días antes do referendo de autodeterminación realizado o 1 de outubro de 2017, e na falida operación policial dirixida a impedilo, efectivos da Garda Civil rexistraron unha nave industrial na localidade de Bigues i Riells. Nela incautáronse de 10 millóns de papeletas e perto de 100 mil sobres co logotipo da Generalitat.

Antes de proceder ao rexistro, e durante varios días, a garda civil submeteu a vixilancia as instalacións. Agora un axente do instituto armado declara no Supremo que entre as persoas que se puideron identificar nese período de tempo entrando e saíndo da nave industrial figura o actual president da Generalitat, Quim Torra.

Torra non está imputado no proceso ao procés.

O relato do garda civil reforza a tese da acusación de que o referendo foi organizado directamente pola Generalitat e non por unha rede social de persoas voluntarias. En todo caso, naquela altura Torra, ex presidente de Òmnium Cultural e persoa profesionalmente dedicado ao mundo da edición, non tiña ningún cargo público.



x