A Garda Civil entra na Generalitat na procura de datos do 1-O

A Garda Civil entra na Generalitat na procura de datos do 1-O

A orde procede do xulgado de Instrución nº13 de Barcelona, que investiga o referendo do 1 de outubro de 2017.


A Garda Civil entrou esta terza feira na Generalitat e no Departamento de Asuntos Exteriores, segundo publican diferentes medios cataláns. A xuíza de Instrución nº13 de Barcelona, que investiga os preparativos do referendo do 1-O, ordenou ao instituto armado procurar nova documentación na Generalitat sobre esta consulta. Este xulgado procesa 30 persoas investigadas en relación a aquel referendo e que están acusados de desobediencia, falsidade, revelación de secretos, prevaricación e malversación.

A investigación, solicitada pola Fiscalía, céntrase no pagamento dos observadores internacionais. A garda Civil dirixiuse ao departamento de Exteriores. Tamén procuran información nas consellerías de Traballo e Presidencia, así como no gabinete xurídico central, entre outros.