O goberno español di que as bombas vendidas a Arabia Saudita “son de precisión” e que “non se van equivocar matando iemenís”

O goberno español di que as bombas vendidas a Arabia Saudita “son de precisión” e que “non se van equivocar matando iemenís”

A portavoz do goberno español, Isabel Celaá, asegurou esta sexta feira na comparecencia após o Consello de Ministros que  o contrato de venda de armas a Arabia Saudita non especifica que as bombas vaian usarse contra a poboación civil. Cel´´a afirmou que son armas de “láser de alta precisión” e que non van errar “matando iemenís”.

“O goberno sabe o que está a vender, son láser de alta precisión e, polo tanto, se son de alta precisión non van equivocarse matando iemenís”, dixo textualmente.

A portavoz explicou que o executivo actúa “de xeito colexiado” e deste xeito o fíxoo ao decidir cumprir o contrato de venda de misís asinado en 2015 entre España e Arabia saudita, se ben nun primeiro momento barallouse a posibilidade de cancelalo.

Defensa avanzara nun primeiro momento que o contrato de venda de 400 mísiles ía cancelarse e devolver os 9 millóns de euros adiantados por este material, o que puxo en risco o contrato con Arabia para a compra de cinco buques militares á empresa Navantia.



x