POR MOTIVOS DE «ORDE PÚBLICA»

O Goberno español xa pode pechar webs e redes sen orde xudicial

O Goberno español xa pode pechar webs e redes sen orde xudicial
O BOE publicou o novo decreto do Consello de Ministros
O BOE publicou o novo decreto do Consello de Ministros  

O Goberno central está capacitado desde esta terza feira 5 de novembro para fechar páxinas web e redes sen orde xudicial e por motivos de orde pública.


Terza feira, 5 de novembro, o Boletín Oficial do Estado publicou o Decreto Lei que aprobara o último Consello de Ministros de Pedro Sánchez onde se aborda a seguranza pública en materia de administración dixital e telecomunicacións.

Con esta medida, o Goberno poderá intervir e pechar páxinas web e redes sociais sen contar con autorización xudicial e por motivos de orde pública. Esta nova iniciativa de Sánchez nace das intencións do Goberno de frear o desenvolvemento da denominada República Dixital Catalá.  

O executivo fica habilitado para, en caso de desordes públicas, bloquear perfís e soportes dixitais

Desta maneira, o executivo fica habilitado para, en caso de desordes públicas, bloquear perfís e soportes dixitais.

O decreto non fai referencia a Catalunya mais aséntase nos acontecementos producidos após a sentenza do procés e as convocatorias realizadas desde Tsunami Democràtic.

Agora será o Congreso dos Deputados quen teña que debater e aprobar ou tombar o decreto, mais desde o día seguinte á súa publicación no BOE é válido.