O goberno grego retira Varoufakis da primeira liña nas negociacións coa UE

O goberno grego retira Varoufakis da primeira liña nas negociacións coa UE
Varoufakis [Imaxe UE]
Varoufakis [Imaxe UE]  

O cambio visa desbloquear as conversas e procurar acordos entre as partes logo de que o Eurogrupo focase as súas críticas no ministro de Finanzas.


O responsábel da política económica do goberno grego e unha das facianas máis (re)coñecidas do executivo heleno após o triunfo de Syriza, Yanis Varoufakis, xa non encabezará o grupo que negocia co Eurogrupo o pacote de fondos agardados por Grecia, embora manterse como coordenador do mesmo.

Así o anunciou o executivo esta segunda feira que avanzou tamén o nome da persoa que o substituirá á fronte das conversas, o número dous do Ministerio de Negocios estranxeiros, o tamén economista, Euclid Tsakalotos. 

Con esta mudanza o goberno liderado por Alexis Tsipras visa desbloquear as negociacións e dar unha focaxe aos encontros que nas últimas semanas decorreron entre Grecia e a UE e das que agardan recibir novos fondos. 

A Bolsa grega acolleu con certo furor as mudanzas experimentando unha importante suba 

Segundo a imprensa internacional, entre ela o Publico.pt, fontes das reunións negociadoras sinalaron as críticas [email protected] responsábeis ministeriais da UE como a principal razón para que Varoufakis pase a un segundo plano. Iso, e certa desesperanza entre o pobo grego que agarda a chegada dun acordo. Neste senso, unha enquisa publicada polo semanario grego Proto Thema sinala que un 50% da poboación estaría disposta a asumir cesións a cambio do desbloqueo da axuda económcia fronte ao 36% das persoas enquisadas que urxirían a ruptura coas institucións comunitarias. 

Aliás, a preocupación pairarían entre a xente quer froito dun incumprimento nas condicións impostas pola UE, quer perante unha hipotética saída do euro. Porén, nesta última cuestión o 45% das persoas terían asegurado "non" se preocuparen polo abandono da eurozona. 

As mudanzas introducidas pola Grecia atoparon, iso si, boa acollida entre os mercados financeiros, parte interesada nas negociacións. Neste senso, a Bolsa grega recibiu con certo furor a nova.