O goberno italiano acaba coa vacinación obrigatoria

O goberno italiano acaba coa vacinación obrigatoria
Goberno de Italia
Foto: Presidenza della Repubblica
Goberno de Italia Foto: Presidenza della Repubblica  

O Senado aproba cos votos de Liga Norte e Movemento 5 Estrelas poñer fin ao programa de vacinación obrigatoria en idade escolar. Duras críticas da comunidade médica á decisión. Italia representa case 30% dos casos de sarampelo rexistrados en Europa.


O Senado italiano aprobou, cos votos dos partidos que fan a coligazón de goberno – Liga Norte e Movemento 5 Estrelas-, acabar coa vacinación obrigatoria a nenos e nenas en idade escolar. Danse pasos así para poñer fin a unha lei que entrara en vigor o pasado mes de marzo e que establecía que as crianzas tiñan que estar vacinadas para poder matricularse no ensino público. A decisión tomada no Senado está a recibir duras críticas da comunidade médica e científica

Movemento 5 Estrelas e Liga Norte xa prometerán durante a campaña electoral acabar con esta lei, nun compromiso dirixido ao crecente movemento antivacinas que hai en Italia. Metteo Salvini, líder da LN, cualificou de “inútil” e “perigoso” o programa de vacinación obrigatoria e a ministra de Sanidade, Giulia Grillo (5 Estrelas) considera “moi restritivas” as normas en vigor ao respeto.

Italia representa case 30% dos casos de sarampelo rexistrados en Europa. Só en 2017 rexistráronse nese país máis de 5.000 casos de sarampelo cando no exercicio anterior, 2016, a cifra non chegaba a 900.



x