Un grupo clandestino anuncia o rexurdimento da Fronte de Liberación Nacional Corsa

Un grupo clandestino anuncia o rexurdimento da Fronte de Liberación Nacional Corsa
Imaxe de arquivo dunha rolda de imprensa do FLNC
Imaxe de arquivo dunha rolda de imprensa do FLNC  
Cinco homes encapuchados e vestidos de negro anunciaron nunha conferencia de prensa ao xornal Corse-Matin a reconstitución do grupo armado.

Cinco homes encapuchados e vestidos de negro, un destes armado, facendo proclamas a prol do soberanismo corso, anunciaron esta terza feira nunha conferencia de prensa a “reconstitución do FLNC (Fronte de Liberación Nacional Corsa)”.

O grupo armado, que avoga pola independencia de Córsega de Francia e que marcou a política da illa até comezos desta década, anunciara en xuño de 2014 a súa decisión de abandonar as armas e de iniciar unha saída progresiva da clandestinidade.

O xornal Corse-Matin, único medio convidado ao anuncio, recolle na súa web unha gravación do momento que encontrou resposta nas autoridades. O fiscal de Ajaccio, Eric Bouillard, asegurou á axencia France Press que tomaron nota desta acción e que a Fiscalía de París levará a iniciativa neste caso a partir de agora.

Durante catro décadas, Córsega sufriu arredor de 11 mil accións armadas, moitas delas reivindicadas polo FLNC. Nos últimos meses, a illa está a vivir un repunte da violencia, se ben non política senón de carácter mafioso, unha situación que o presidente Emmanuel Macron xa dixo que estaba na súa axenda.