Israel bombardea de novo Gaza e lanza un ataque en territorio sirio


Israel bombardea de novo Gaza e lanza un ataque en territorio sirio
Catro persoas resultaron mortas após un ataque do exército israelí na Faixa de Gaza. Segundo fontes médicas do goberno de Hamás, todas as vítimas son civís e vivían no barrio de Zeitoun. Aliás, as Forzas Armadas israelís afirman ter realizado "disparos de advertencia" contra territorio sirio despois de caer un proxectil nos Altos do Golán.

Israel continúa bombardeando Gaza. Após os ataques acontecidos o pasado outubro en que faleceron catro milicianos de Hamás, os tanques do exército sionista atacaron nesta xornada (10 de novembro) o barrio gazací de Zenout --ao leste da capital-- causando a morte a catro civís e deixando [email protected] cando menos a 26 persoas máis.

Segundo as testemuñas, os tanques israelís terían desenvolvido o ataque desde unha zona fronteiriza á Faixa realizando cando menos catro ataques contra a rexión. Nun comunicado feito publico polas forzas militares israelís, recoñecían ter bombardeado a zona após ser atacado cun foguete un dos vehículos que patrullaba pola fronteira entre Gaza e o territorio ocupado por Israel.

Israel dispara contra territorio sirio
Así mesmo, a prensa internacional recolle este domingo que forzas militares israelís terían lanzado "disparos de advertencia" contra Siria en resposta a un suposto proxectil chegado desde o país até os Altos do Golán. Segundo as propias Forzas Armadas sionistas, este non teria causado vitimas.

Porén, Israel respondeu con varios disparos asegurando que "non tolerarán ningún ataque desde Siria" e que calquera acción "será respondida con dureza", afirmaban nun comunicado fontes militares de Tel Aviv. Aliás, o seu ministro de Asuntos Estratéxicos, Moshé Yaalón, aseguraba uns días atrás nuha rede social que o goberno israelí "consideramos ao réxime en Siria, como responsábel do que aconteza na fronteira".