Israel bombardea, de novo, Gaza


Israel bombardea, de novo, Gaza

Avións de combate da armada israelita (IDF) atacaron o centro da Faixa en "resposta", din, a un foguete que atribúen a Hamás. 

As forzas armadas israelitas (IDF nas súas siglas en inglés) anunciaron na noite de onte (23 de novembro) através da súa conta oficial na rede social Twitter, o lanzamento de mísis contra a Faixa de Gaza. 

Segundo a información difundida polo Estado de Israel tratouse dunha "mensaxe" dirixida a Hamás após atribuírenlle á organización palestiniana o lanzamento dun foguete que tería caído perto da fronteira entre Gaza e o territorio ocupado. 

Segundo a axencia palestiniana de noticias Paltimes, os avións de combate israelitas lanzaron un mísil contra as Brigadas Qassam, a organización armada de Hamás no campamento de refuxiados de al-Maghazi, no centro da Faixa. 

Non foron reportadas vítimas.