Junqueras, cabeza de lista de ERC ao Congreso

Junqueras, cabeza de lista de ERC ao Congreso
[Imaxe: ERC] Marta Vilalta en rolda de imprensa
[Imaxe: ERC] Marta Vilalta en rolda de imprensa  

Oriol Junqueras será o candidato de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) ás eleccións xerais. Ademais, na mañá desta quinta feira era confirmado candidato da Alianza Libre Europea -onde se integra a coligazón de BNG, ERC e EH Bildu-.


ERC elixiu Oriol Junqueras -xa confirmado cabeza de cartel ás eleccións europeas- como número 1 ás eleccións xerais. Así, o anunciou na tarde desta quinta feira Marta Vilalta, portavoz da formación política, quen expresou que Junqueras recunca como candidato porque “é a mellor maneira de denunciar a situación de retroceso da democracia e de represión á que nos levou o Estado español”.

Gabriel Rufián acompañará na candidatura ás Cortes Xerais do Estado o ex president da Generalitat, que está a ser xulgado por rebelión no Tribunal Supremo. A excepcionalidade do momento obriga a tomar a decisión, explicou Vilalta, “queremos combater a represión. Por iso, desde ERC decidimos que cada vez que haxa eleccións e mentres continúe esta situación, presentaremos como candidato o president (de ERC) Oriol Junqueras”.

A candidatura do preso político prodúcese após o adeus de Joan Tardá do Congreso. Junqueras xa fora desde a cadea candidato á presidencia da Generalitat. Hoxe mesmo a Alianza Libre Europea elixía Junqueras como aspirante á Comisión Europea.



x