SERÁ EN MAIO

Kim Jong-un ofrece un encontro a Trump e este acepta

Kim Jong-un ofrece un encontro a Trump e este acepta
Kim Jong-un, segundo pola dereita, nunha imaxe difundida por Corea do Norte
Kim Jong-un, segundo pola dereita, nunha imaxe difundida por Corea do Norte  

Un alto cargo do goberno de Corea do Sur entregou ao presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, un convite do seu homólogo norcoreano para visitar o país. Trump aceptou e no mes de maio pisará Pyongyang.
 


Kim Jong-un protagoniza así un inaudito e abraiante aceno que contradí as difíciles e tensas relacións entre os Estados Unidos e Corea do Norte. Unha delegación surcoreana foi a que se atopou co mandatario e a que fixo de enlace con Donald Trump.

 

Trump será o primeiro presidente estadounidense en se ver e dialogar cun líder de Corea do Norte. E faino despois de pouco máis dun ano no poder en que as súas declaracións sobre King Jong-Un foron hostís cando non directamente insultantes.

 

O estadounidense rechíou na súa activa conta de twitter: “King Jong-Un falaba con Corea do Sur  da desnuclearización, non só de conxelación. Tamén de que non faría probas balísticas durante ese período. Estase acadando un gran progreso, mais as sanción permanecerán ate que se chegue a un acordo. A xuntanza está sendo planeada”.



x