Madrid e Lisboa deixan caer as súas candidaturas a dirixir o FMI

Madrid e Lisboa deixan caer as súas candidaturas a dirixir o FMI
Nadia Calviño.
Nadia Calviño.  
A cabeza do FMI non será nen a coruñesa Nadia Calviño nen o luso Mário Centeno, ambos socialistas. 

A explicación que dan fontes da Moncloa para argumentar a retirada da carreira de Nadia Calviño, ministra de Economía en funcións, é semellante a que se fornece desde o Governo de António Costa: fan mutis polo foro para facilitar o consenso.

Desde a contorna de Sánchez enfatízase que o goberno español prioriza o acordo no seo da UE antes do que a súa pretensión inicial de que Calviño se convertese na segunda executiva do Estado en dirixir o FMI, despois da etapa do conservador Rodrigo Rato.

India e China aspiran a un cargo até agora tradicionalmente desempeñado por dirixentes de Europa, tal como o Banco Mundial sempre ten á fronte a executivos dos EUA: