O EXÉRCITO, CONTRA A GUERRA ECONÓMICA DA ALTA BURGUESÍA

Maduro declara o estado de emerxencia para tomar as fábricas paralizadas á mantenta

Maduro declara o estado de emerxencia para tomar as fábricas paralizadas á mantenta
[Imaxe: @presidencialven]
[Imaxe: @presidencialven]  

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, está disposto a mover o exército contra a guerra económica que está a perpetrar a alta burguesía venezuelana. O dirixente dixo estar “listo e preparado” para tomar as fábricas que foron paralizadas polos empresarios á mantenta.


“Chegou a hora de facelo. Estou listo para o facer e para radical a revolución!”, berrou este sábado Maduro diante dunha multitude concentrada para o apoiar. Con estas palabras, o líder bolivariano referíase á toma das fábricas que foron bloqueadas á mantenta polos empresarios, “vacilar é perderse, camarada. Ou facémolo ou facémolo, pero fai falta Goberno e pobo, así unido”.

O presidente de Venezuela chamou a “gañar a batalla contra a guerra económica” no proceso de distribucións dos Comités Locais de Abastecemento para que os produtos cheguen ao pobo. Aproveitou para cargar contra a alta burguesía e contra o “capitalismo parasitario”, aos que acusou de teren dirixidos os sistemas de distribución e comercialización.

Aliás, Maduro convocou o exército a realizar exercicios militares o vindeiro sábado, 21 de maio, após o ex presidente de Colombia e aliado dos EUA Álvaro Uribe ameazara publicamente con pedir a intervención de Venezuela a través dun exército estranxeiro.

Os EUA prevén un escenario de "violencia"

As declaracións de Maduro tiveron lugar cando os EUA advirten de que a crise económica que sofre Venezuela –causada pola guerra económica impulsada pola alta burguesía- podería desembocar nun episodio de "violencia" antes da convocatoria dunhas novas eleccións.