Máis de 100.000 persoas maniféstanse en Edimburgo a favor da independencia escocesa

Máis de 100.000 persoas maniféstanse en Edimburgo a favor da independencia escocesa

Piden un segundo referendo de autodeterminación.


O pasado mes de maio por volta de 80.000 persoas tomaban parte en Glasgow nunha manifestación pola independencia de Escocia e a favor da convocatoria dun novo refrendo de autodeterminación. A xigantesca marcha, convocada por All Under One Banner’, superou todas as expectativas, mesmo a dos organizadores, que contaban con reunir 40.000 persoas. Nas anteriores edicións, a afluencia estivera por volta de 20.000.

Esas 80.000 persoas na manifestación de Glasgow veñen de ser superardas agora pola manifestación independentista, tamén convocada por All Under One Banner, e que decorreu en Edimburgo: 100.000 asistentes, segundo a organización.  Neil McKay, coordenador da entidade convocantes, afirmou que a intención é manter este tipo de mobilizacións de cara a agrupar e ampliar o movemento independentista ao tempo que pular por un novo referendo.

Este movemento pula pola convocatoria dun novo referendo de autodeterminación en Escocia ao entender que o 'Brexit' no que apostaron nas urnas a maioría dos ingleses, mais non dos escoceses, cambiou as tornas. Confían en que ese referendo independentista teña lugar antes de 2021.