[email protected] de 55 países renden honra ao comandante Chávez

[email protected] de 55 países renden honra ao comandante Chávez
Cristina Fernández, José Mújica e Evo Morales
Cristina Fernández, José Mújica e Evo Morales  Chávez Candanga
Presidencias e xefaturas de Estado de Cuba, Ecuador, Bolivia, Uruguai, Arxentina ou o Brasil desprazáronse até a capital Venezolana para despedir ao líder bolivariano. Xunto a [email protected], milleiros de persoas continúan a visitar a capela ardente de Hugo Chávez a poucas horas de ser embalsamado.

Esta sexta feira desenvólvese en Venezuela a cerimonia de Estado que despide ao presidente Chávez. Após coñecerse o seu pasamento, numerosas xefaturas de Estado e de Goberno iniciaron os trámites para se trasladaren á capital do país en delegación oficial. Neste senso e ao contrario do que acontece noutros territorios --como o español-- @s presidentas e presidentes deben solicitar permiso dos seus respectivos Parlamentos para abandonaren o país.

      Lula Da Silva e Dilma Rousffeld (Brasil) acompañ[email protected] por Nicolás Maduro 

Evo Morales (Bolivia), Cristina Fernández (Arxentina) e José Mújica (Uruguai) eran @s [email protected] en aterrar en Caracas e amosaren os seus respectos polo falecemento do líder bolivariano. Xunto a [email protected], o presidente do Ecuador, Rafael Correa e o líder cubano Raúl Castro participaron na cerimonia oficial que despedirá ao presidente Hugo Chávez antes de ser embalsamado como anunciou Nicolás Maduro.

Até 55 delegacións oficiais tomaron parte nos actos solemnes que o executivo venezolano organizou esta sexta feira e que darán por concluídas as honras ao mandatario cuxo cadaleiro ficará aínda durante sete días máis na Academia Militar de Caracas. O Goberno bolivariano amosouse moi agradecido polas mostras de apoio e solidariedade recibidas desde múltiples partes do mundo que simbolizan, asegurou Maduro "o legado de de integración que sementou o comandante".

O príncipe Felipe representará ao Estado español

O executivo de Mariano Rajoy decidiu que fose un representante da Casa Real quen viaxase até Caracas para representar ao Estado español nas exequias a Chávez. Malia a que o líder bolivariano era xefe de Estado, o presidente do goberno español non se desprazará até Venezuela para despedir ao seu homólogo. Pola contra, si o fará o príncipe Felipe habida conta da hospitalización do Borbón.

Mariano Rajoy non viaxará a Venezuela para despedir ao seu homólogo

As tensións entre ambos os dous países --reflectidas na discusión pública entre Chávez e o monarca español en 2010-- podería ser un dos motivos que motivasen a ausencia de Mariano Rajoy quen nunca se amosou cómodo co mandatario venezolano malia as escasas ocasións en que ambos os dous coincidiron --a última delas, nos actos de conmemoración da Constitución de Cádiz. 

As políticas de expropiación e nacionalización levadas a cabo por Hugo Chávez durante os seus 14 anos de mandato e que afectaron aos intereses de importantes empresas españolas estiveron no cerne das disputas entre o Estado español e Venezuela. 

Imaxes tiradas do Flickr de Chávez Candanga