Medio cento de falecidos nun ataque contra dúas mesquitas en Nova Zelandia

Medio cento de falecidos nun ataque contra dúas mesquitas en Nova Zelandia
[Imaxe: Cedida] O suposto atacante, nun vídeo retransmitido polas redes sociais
[Imaxe: Cedida] O suposto atacante, nun vídeo retransmitido polas redes sociais  

Cando menos 49 persoas faleceron e máis de medio cento resultaron feridas nun ataque terrorista contra dúas mesquitas en Chirstchurch, na Illa Sur de Nova Zelandia.


O xefe da Policía de Nova Zelandia, Mike Bush, confirmou o asasinato de 49 persoas nos tiroteos que se produciron esta sexta feira en dúas mesquitas da localidade de Christchurch, en Nova Zelandia. Uns ataque que deixaron medio cento de persoas feridas.

Foron catro os detidos, un deles é acusado de asasinato, outro foi posto en liberdade e outros dous están a ser investigados. Pouco despois dos ataques, a primeira ministra do país, Jacinda Ardern, sinalaba que a situación vivida “non ten precedentes” na historia recente de Nova Zelandia e cualificaba de “terrorismo” os feitos.

Un dos atacantes retransmitiu en directo polas redes sociais un vídeo contra unha das mesquitas. Aparece con roupa militar disparando varias persoas cunha arma automática. Nas redes tamén circula un manifesto dos asaltantes con ameazas contra persoas musulmás.

“É claramente un supremacista branco que planeou isto durante dous anos”, sinalou un analista en seguridade na emisora Radio New Zeland, que advertiu da ideoloxía de extrema dereita das persoas asaltantes.