ACUSACIÓNS DE ESPIONAXE

Membros da Cámara dos Comúns denuncian ser espiados polo Ministerio de Exteriores español

Membros da Cámara dos Comúns denuncian ser espiados polo Ministerio de Exteriores español
Williams na Cámara dos Comúns
Williams na Cámara dos Comúns  

O deputado galés Hywel Williams denunciou na Cámara dos Comúns do Reino Unido que varios membros dese parlamento "foron espiados por axentes" do goberno español comandados polo Ministerio de Exteriores a raíz do proceso soberanista catalán.


Na Cámara dos Comúns, o parlamento do Reino Unido, denunciouse esta quinta feira 11 de xullo unha suposta espionaxe do goberno español sobre deputados e deputadas que conforman un grupo que estuda a situación de Catalunya. Así afirmou o deputado Hywel Williams, do partido nacionalista galés Plaid Cymru.

Williams denunciou a realización dunha "vixilancia encuberta" sobre as actividades do denominado Grupo Parlamentario sobre Catalunya, que se formou para estudar o conflito catalán e que integra representantes do Plaid Cymru, do Partido Nacional Escocés e do partido conservador británico, baixo a coordinación do propio Williams.

Varias deputadas e deputados acusaron de vergoñenta a existencia da suposta espionaxe denunciada polo deputado galés.

Williams asegurou que existen probas desta espionaxe e apuntou a que se atopan nos documentos que o Ministerio de Exteriores de Josep Borrell achegou ao Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya

Williams asegurou que existen probas desta espionaxe e apuntou a que se atopan nos documentos que o Ministerio de Exteriores de Josep Borrell achegou ao Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya para consumar o feche das embaixadas catalás.

Neses documentos, segundo sinalou o deputado, faise alusión a varias reunións deste grupo parlamentario, “incluída na que interveu Josep Costa, vicepresidente do goberno catalán".

O deputado galés augurou que esta denuncia “ten aínda camiño para percorrer” e apuntou que neses documentos tamén aparecen sinaladas a deputada galesa Elin Jones e a primeira ministra de Escocia Nicola Sturgeon.

O deputado galés apuntou que neses documentos tamén aparecen sinaladas a deputada galesa Elin Jones e a primeira ministra de Escocia Nicola Sturgeon

A vicepresidenta da cámara británica, Eleanor Laing, asegurou que a suposta espionaxe é unha cuestión “moi seria", contraria á “lealdade” na que se basea a democracia británica, e animou o deputado galés para elevar a denuncia por escrito ao presidente da cámara. "

As acusacións de espionaxe

Todo estoupou a pasada terza feira 10 de xullo cando TV3 destapou unha presunta espionaxe do Estado español ao goberno catalán na súas acción exterior e embaixadas. O conselleiro de exteriores da Generalitat, Alfred Bosch, cualificaba a situación dunha "guerra sucia" por parte do Ministerio de Exteriores español.

O conselleiro de exteriores da Generalitat, Alfred Bosch, cualificaba a situación dunha "guerra sucia" por parte do Ministerio de Exteriores español.

As informacións que se emitiron apuntaban a que o goberno de Sánchez encargara informes sobre a actividade das delegacións da Generalitat para sumalas á causa que se apresentou no TSXC co obxectivo de pechar as embaixadas catalás en Londres, Xenebra e Berlín.