Michelle Obama entrega o Oscar a Argo e agradece a Hollywood abrir a imaxinación das crianzas

Michelle Obama entrega o Oscar a Argo e agradece a Hollywood abrir a imaxinación das crianzas
Michelle Oba,a entrega o Oscar ao mellor filme [Cuadriño: Latuff]
Michelle Oba,a entrega o Oscar ao mellor filme [Cuadriño: Latuff]  Carlos Latuff
A longametraxe Argo, dirixida por Ben Affleck e centrada na intervención da CIA en Irán, foi a galardoada como 'mellor filme' de 2013. Unha película coa que as administracións estadounidenses teñen moito a ver.

As inxerencias militares dos EUA en Oriente Próximo tiveron un importante protagonismo este ano na carteleira. Amais da premiada Argo, Zero Darck Thirty supuxeron dous dos estreos máis ansiados de 2013. Ambos os dous filmes centraron a atención do guión nas forzas especiais do exército dos EUA e nomeadamente nos servizos secretos.

Neste senso, entrementres Zero Darck Thirty espertou duras críticas entre a administración Obama ao reflectir de maneira clara algunhas das prácticas de tortura desenvolvidas [email protected] axentes da CIA en Afganistán e as luces e sombras da operación militar coa que, supostamente, os EUA asasinaron --nunha execución extraxudicial-- a Osama Bin Laden; o filme de Affleck, Argo, recibiu numerosos galardóns, entre eles o premio ao mellor filme. Porén, o guión ten moito a ver coa historia real ao narrar algúns dos acontecementos decorridos na capital do Irán.

Teherán 1979. Un grupo de iranís toma a embaixada estadounidense após o trunfo da revolución xerando unha crise diplomática que se prolonga durante dous anos. Ao igual que aconteceu na realidade o director e actor narra como a administración estadounidense desprega unha operación militar --coñecida como Gadoupa da águia-- que no entanto, obtén mellores resultados, como é costume, na ficción.

A aparición de Michelle Obama na entrega do galardón non deixa senón pé a moitas lecturas. A primeira dama loubou na súa intervención a todas as candidatas e afirmou que as mensaxes destas son "especialmente importantes para a xente moza" en grande medida pola carga ideolóxica que reflicten tres delas --Lincoln, Zero Dark Thirty e Argo--. Aliás agradeceu á industria do cine transnacional, Hollywood por ter incentivado as crianzas "para abrir a súa imaxinación".