CONTRACUMIO E MOBILIZACIÓN

Miles marchan de Hendaia a Irun en resposta á cimeira capitalista do G7

Miles marchan de Hendaia a Irun en resposta á cimeira capitalista do G7
Faixa inicial da manifestación
Faixa inicial da manifestación  
Desde o porto de Hendaia partiu a manifestación convocada por G7Ez! e AlternativesG7! en resposta á cimeira de mandatarios que arrincará este sábado na cidade de Biarritz. Desde o 23 de agosto decorreu o denominado contracumio, un espazo de talleres, debates e palestras para avanzar cara a outra orde mundial. A Mesa e a CIG participaron destas xornadas. O sindicato galego asinou ademais o manifesto Non ao G7! Xuntas, construíndo un novo mundo.

Milleiros de persoas xuntáronse este domingo en Irun para marcharen até Hendaia contra a orde mundial que representan as potencias que se reúnen desde hoxe até o luns no cumio do G7 na cidade vasca de Biarritz, baixo administración do Estado francés. A pancarta de cabeceira portárona, entre outras, a secretaria xeral do sindicato soberanista LAB, Garbiñe Aranburu, e o secretario xeral de Sortu Arkaitz Rodríguez.

A reunión do G7 inicia a noite deste domingo cunha recepción e unha cea en Biarritz

A mobilización partiu baixo o lema Euskal Herritik beste mundu bat sortzen (Creando outro mundo desde Euskal Herria), e as entidades organizadoras reivindicárona como unha marcha “con cor, alegre e popular” e chamaron de novo “á calma” após as cargas policiais acontecidas na noite da sexta feira 23 de agosto nunha mobilización decorrida en Urruña e que se trasladou ao campamento do contracumio. A policía detivo 17 persoas e produciu unha vintena de feridas.

A reunión do G7 inicia a noite deste domingo cunha recepción e unha cea en Biarritz.

Xosé Lois RiberaA CIG e A Mesa estiveron presentes no contracumio

Unha representación da CIG, encabezada polo seu responsábel de Internacional Xosé Lois Ribera, participou nos actos alternativos organizados pola Plataforma G7EZ. O contracumio desenvolverase entre os días 21 e 23 de agosto no centro de congresos de Ficoba, Irun, e máis no "pobo das alternativas" situado en Hendaia. A CIG estivo presente tamén na reunión preparatoria do día 22 e asinou o manifesto do contracumio Non ao G7! Xuntas, construíndo un novo mundo.

Xosé Lois Ribera, en declaracións a Sermos Galiza, cualificou de “incríbel” a esaxerada presenza de forzas policiais de Euskadi, de España e de Francia, que estiveron presentes constantemente tamén nas inmediacións dos lugares en que se desenvolveron as actividades.

As decisións que se tomarán neste cumio afectarán a miles de persoas e a moitos pobos

O responsábel de Internacional da CIG participou tamén nun encontro con outras organizacións que forman parte da Asemblea Internacional dos Pobos, constituída o pasado mes de abril na República Bolivariana de Venezuela.

contracumio 1Na cimeira alternativa tamén participou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, tal e como informou Sermos Galiza. Marcos Maceira tomou parte por videoconferencia do debate Os dereitos lingüísticos como base para unha nova Europa, no que se referiu á “importancia dos actores sociais na defensa dos dereitos lingüísticos”.

Que é o G7 e que se debate nel?

O G7 conformárono na época da guerra fría sete países (EEUU, Alemaña, Gran Bretaña, Francia, Italia, Xapón e Canadá) con moito poder económico, político e militar. En 1997 Rusia sumouse ao grupo, pasando a denominarse G8. Porén, en 2014 foi expulsada do cumio como castigo das potencias occidentais pola unión de Crimea á Federación Rusa após o golpe ultradereitista en Ucraína.

As decisións que se tomarán neste cumio afectarán a miles de persoas e a moitos pobos.

O anfitrión este ano é o presidente francés Emmanuel Macron, quen aspira a ser líder da Unión Europea e coller o relevo da Alemaña de Merkel. O Brexit, a guerra comercial entre EEUU e China ou a Amazonia son temas que figuran na orde do día dos debates.