No mínimo 373 persoas mortas após un tsunami en Indonesia

No mínimo 373 persoas mortas após un tsunami en Indonesia

Os equipos de emerxencia procuran ducias de persoas desaparecidas.


No mínimo 373 persoas morreron, perto de mil feridas e ducias de desaparecidas por mor dun repentino tsunami que bateu na noite do sábado as costas do estreito de Sonda, entre as illas de Sumatra e Xava (Indonesia).


As autoridades consideran un posíbel desprazamento de terra submariño producido pola erupción do volcán Anak Krakatau como causa do tsunami, que non activou as alarmas ao non se rexistrar un terremoto.


As equipas de emerxencia están centradas en atopar posíbeis supervivintes en puntos afectados e recomendan á poboación non achegarse ás costas.

A zona afectada, Pandenglang, a 100 quilómetros de Iakarta, é un trdicional punto de veraneo e descanso para os habitantes da capital, e área para turistas estranxeiros.


 


 



x