Once persoas mortas por disparos nunha sinagoga de Pittsburgh

Once persoas mortas por disparos nunha sinagoga de Pittsburgh

O presunto responsábel dos disparos entregouse á Policía. 


Once persoas mortas e seis feridas -entre elas 4 axentes da policía- como consecuencia de disparos de armas de fogo nunha sinagoga de Pittsburgh, en Estados Unidos. O presunto tirador tentou fuxir mais finalmente entregouse á Policía.Trátase de Robert Bowers, de 46 anos, que adoitaba poñer mensaxes antisemitas nas redes sociais. 

A Policía confirmou que unha persoa entrou na sinagoga por volta das 15:30 horas (hora galega) e procedeu a disparar contra os presentes antes de atrincheirarse para posteriormente tentar fuxir.

Testemuñas sinalaron a medios de comunicación locais desta cidade do leste de Pensilvania (EUA) que esta persoa berrou "os xudeus deben morrer" antes de disparar.

O presidente de Estados Unidos, Dolad Trump, pronunciouse a favor dun endurecemento das leis para que este tipo de accións impliquen para os responsábeis a pena de morte.