O nacionalismo quer facer historia e aspira ser a primeira forza nas eleccións corsas

O nacionalismo quer facer historia e aspira ser a primeira forza nas eleccións corsas
Córsega
Córsega  

Unha sondaxe outorga o 18% de votos na primeira volta dos comicios de decembro a Femu a Corsica, que ficaría por diante das listas da dereita e esquerda francesa. Os independentistas de Corsica Libera lograrían o 8% dos sufraxios.


En decembro hai eleccións en Córsega para elixir a súa Asemblea. A pequena illa mediterránea de 316.000 habitantes e integrada no Estado francés está chamada a renovar os 51 deputados da institución para unha lexislatura de dous anos. O por que desta brevidade é que en 2017 os corsos terán que volver acudiar ás urnas para votar unha renovada Asemblea de Córsega, na que se funda a actual asemblea territorial e os dous consellos departamentais.

A coligazón Femu a Corsica, integrada por nacionalistas e autonomistas, encara a cita con esperanza e ilusión, como recoñece o seu cabeza de lista e alcalde de Bastia, Gilles Simeoni. Non é para menos. O nacionalismo pode ser, por vez primeira, a formación con maior apoio na illa, informan en Nationalia. Así o vaticinan enquisas e sondaxes. Femu a Corsica lograría o 18% dos votos en primeira volta, sobrepasando a dereita francesa (16%) e á esquerda gala, liderada por Paul Giacibbi, que obtería un 12% e empataría coa ultra-dereita da Fronte Nacional de C. Canioni.

Estas mesmas enquisas indican que podería pasar á segunda volta das eleccións os independentistas de Corsica Libera, de Jean-Guy Talamoni, que acadarían o 8% dos votos. A Fronte de Esquerdas, nucleada en torno aos comunistas franceses, obtería un 7%, ficando fóra da segunda volta.

En 2010 a esquerda francesa gañou os comicios á asemblea, obtendo 24 escanos de 51, a dereita gala logrou 12, Femu a Corsica, 11 e os independentistas de Corsica Libera, 4.



x