DEFENDEN O DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN

Os nacionalismos boicotean a homenaxe á Constitución

Os nacionalismos boicotean a homenaxe á Constitución
Rego (BNG) con epresentantes de forzas soberanistas vascas e catalás (cedida)
Rego (BNG) con epresentantes de forzas soberanistas vascas e catalás (cedida)  
As forzas soberanistas da Galiza, Euskal Herria e Catalunya confirmaron que non participarán nos actos de homenaxe á Constitución española. 
 

Tanto o BNG como ERC, JxCat, CUP, PNV e EH Bildu farán boicot e non enviarán ningunha representación á recepción oficial que organiza o Congreso dos Deputados o vindeiro 6 de decembro con motivo do Día da Constitución española.

Representantes nas Cortes que hoxe mesmo, 4 de decembro, xa confirmaron a súa asistencia en eventos reivindicativos foron Néstor Rego e Mireia Vehí. O nacionalista galego intervirá o día 6 no acto que o BNG desenvolverá en Santiago para reivindicar o dereito de autodeterminación e a soberanía da Galiza.

A portavoz da CUP, Mireia Vehí, denunciou a Carta Magna por se tratar dun "cadeado" que "nega o dereito de autodeterminación"  e anunciou que estará no Contra-cumio do Clima que terá lugar ese día en Madrid.

Quen si confirmaron a súa asistencia ao acto de homenaxe de 6 de decembro no Congreso son PSOE, PP, Vox, Ciudadanos, Unidas Podemos, Más País, Unión del Pueblo Navarro, Coalición Canaria e Teruel Existe.