ELECCIÓNS AO PARLAMENTO ISRAELÍ

Netanyahu promete anexionar Cisxordania se gaña as eleccións

Netanyahu promete anexionar Cisxordania se gaña as eleccións
Netanyahu
Netanyahu  

As enquisas son favorábeis a un Netanyahu que anuncia a anexión das colonias da Cisxordania ocupada, de revalidar coma primeiro ministro.


O actual primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, declarou en televisión que a anexión das colonias de Cisxordania está a ser tratada cos Estados Unidos. Ademais, anunciou que, de gañar as eleccións do martes 9 de abril, a anexión realizarase en moi pouco tempo.

As enquisas prognostican que após as eleccións, será Netanyahu quen se manteña coma primeiro ministro, grazas aos pactos que poida alcanzar.

Porén, os estudos decántanse por situar ao ex xeneral Gantz como gañador das eleccións ao parlamento, aínda que a suma de apoios non lle permita acceder ao cargo.  

É a vez primeira que Netanyahu compite un rival forte. O ex xeneral Binyamin Gantz foi Xefe do estado maior do exército, coincidindo cos ataques israelís que devastaron Gaza entre 2012 e 2014. Ademais, na campaña electoral, o ex xeneral amosou o seu orgullo por “devolver zonas de Gaza á Idade de Pedra”.