Nicolás Maduro ratificado como presidente do PSUV

Nicolás Maduro ratificado como presidente do PSUV
Nicolás Maduro no IV Congreso do PSUV. Foto: cedida.
Nicolás Maduro no IV Congreso do PSUV. Foto: cedida.  

O cuarto congreso do Partido Socialista Unificado de Venezuela (PSUV) vén de ratificar “por aclamación” a presidencia de Nicolás Maduro, tamén máximo mandatario do país.
 


“Maduro foi dotado de todas as facultades, poderes e autoridade precisas para escoller a dirección nacional [da organización socialista] e a súa estrutura política”, sinalou o vicepresidente do PSUV, Diosdado Cabello, segundo informa Telesur, “foi unha aclamación a confianza absoluta no compañeiro Nicolás Maduro”.

“Agradézolles a lealdade”, retrucou Maduro, “conten co meu compromiso absoluto e máximo para entregalo todos os días”. Ademais de Cabello como vicepresidente, o líder venezolano tamén confirmou Eduardo Piñate como secretario da Presidencia do oartido.

Hugo Chávez fundou o PSUV en 2007. A organización foi resultado da alianza e fusión de diversos partidos e movementos da esquerda de Venezuela, entre eles a Liga Socialista, Patria para Todos, o Movemento Quinta República do propio Chávez ou os Tupamaros.