REVISTA DE PRENSA

"Catalunya entra nunha dimesión descoñecida"

"Catalunya entra nunha dimesión descoñecida"
Un manifestante, onte en Via Laietana (Barcelona). [Imaxe: Diari Ara/ CÈLIA ATSET)
Un manifestante, onte en Via Laietana (Barcelona). [Imaxe: Diari Ara/ CÈLIA ATSET)  
Máis de medio millón de manifestantes en Barcelona, 182 persoas feridas, 54 detidos, a AP-7 cara á fronteira con Francia cortada, e un Govern dividido en medio da presión que vén das rúas é o balanzo que debuxa a prensa do quinto día de rebelión en Catalunya após a sentenza da pasada segunda feira. [En actualización]

"A vía pacífica do independentismo colapsou onte en Barcelona polos cinco costados en protesta polas condenas do 10-N. As marchas organizadas pola Assemblea Nacional Catalana (ANC) desde Tàrrega, Tarragona, Vic, Berga e Xiro na combináronse cunha xornada de folga que, sen acadar cifras de paro xeral, foron o suficientemente masivas como para reclamar o músculo independentista nun momento de división política", comeza a súa crónica Isabel García Pagan en La Vanguardia.

jonquera 19.10"Os Mossos d'Esquadra detiveron na noite da sexta feira a 54 persoas durante disturbios por toda Catalunya. Segundo os datos do corpo, hai 18 arrestados en Lleida, 12 en Xiro na, 12 en Barcelona, 9 en Tarragona e 1 na área norte metropolitana. Ademais, os Mossos d'Esquadra pecharon o dispositivo con 18 axentes feridos, 10 deles en Barcelona, 5 en Xiro na e 3 en Lleida", informa o dixital Vila Web, que abre este sábado cunha fotografía da AP-7 camiño da fronteira francesa e asegura que "La AP-7 a la Jonquera fa més de 24 hores que està tallada".

Diari Ara informa do número de feridos durante a xornada de onte: 182 persoas. E precisa: "un total de 152 foron feridos na cidade de Barcelona, segundo informa o SEM (Sistema d'Emergències Mèdiques) que engade que 63 dos feridos tiveron que recibir asistencia en hospitais.

A concentración superou o medio millón de persoas (550.000) en Barcelona. Os convocantes indicaron que foran ao redor de 750.000 persoas. Non houbo participación de representantes políticos. En Lleida, Tarragona e Xiro na tamén se reuniron "decenas de miles", segundo La Vanguardia, onde se subliña a división do Govern, mentres desde a ANC, a súa presidente, Elisenda Paluzie, pediu aos partidos que se preparen para “defender e soster una declaración de independencia se non hai amnistía para os presos nin autodeterminación para Catalunya".

Onte, o Estado español fechou o dominio http://tsunamidemocratic.cat desde onde se coordinaban diferentes accións de protestas. Nas redes, as activistas denunciaron a necesaria colaboración "das grandes operadoras".

 

"Catalunya entra en una dimensió desconeguda", advirte desde o titular Oriol March na crónica de Nació Digital este sábado. "A folga xeral da sexta feira, un éxito dos convocantes -o consumo eléctrico caeu máis que na folga do 3-O [de 2017]-, acabou mudando en novos enfrontamentos entre a Policía Nacional española e os máis lentos manifestantes", explica, e lamenta que as imaxes dos incidentes veñan a deturpar a forza da mobilización: "Hai só unhas horas que se realizou unha poderosa vaga e as icónicas Marcas da Liberdade, mais o foco avanzo rapidamente cara ás columnas de lume no centro de Barcelona".

A esta hora da mañá, El Periódico informa que "colectivos independentistas chaman a unha movilización esta tarde na praza de Urquinaona", un dos escenarios onte dos enfrontamentos.

Críticas pola actuación dos corpos policiais

O diario El Punt Avui informa que a Oficina de Dret Civils i Polítics criticou o uso de balas de goma por parte da Policía Nacional e "o elevado número de xornalistas feridos pola acción" dos antidisturbios. 

En Barcelona, os axentes cargaron contra estudantes que lanzaron obxectos durante o paso dunha manifestación xunto a Prefectura da Policía Nacional. Utilizaron gases lacrimóxenos, dispararon balas de goma e empregaron a manobra do 'carrusel' no intento de dispersar ás manifestantes. Asociacións de dereitos civís levan días denunciando estes usos.

Os enfrontamentos máis duros tiveron como escenarios a Via Laietana e a praza de  Urquinaona. Alí, os Mossos d’Esquadra activaron o camión de auga por primeira vez nestas xornadas.